Derradeiras funcións no 2012 de Oeste e Solitario e Cociña Económica

martes, 18 decembro, 2012

O sábado 22 faremos a derradeira función do ano de OESTE SOLITARIO, un dos éxitos do 2012 e un dos espectáculos con maior distribución, maior número de espectadores e gañador de 3 Premios de Teatro María Casares. A función será no Centro Cultural e Xuvenil de Muros e comezará ás 21.30 horas.

Por certo, no mesmo lugar, a mesmo hora mais o sábado 29, visitará Muros, O Turista Madrileño.

E o domingo 23 grande actuación de COCIÑA ECONÓMICA na Pousada das Ánimas de Boiro. Unha cita inesquecible para celebrar o Nadal que comezará ás 21.30 horas e por só 7€.

Web Design by nlocal