Derradeira Función de Sempre Ao Lonxe en FIOT

luns, 28 setembro, 2015

Debido á normativa europea que prohíbe maltratar animais vivos no teatro, a función da Galiña no FIOT de Carballo é substituída pola gala máis internacional da historia de Mofa & Befa: Sempre ao Lonxe.

Ademáis, esta será a derradeira oportunidade de ver este espectáculo. O domingo 4 de outubro, no mercado de Carballo, non podes faltar á unha noite inesquecible cunha dobre sesión de bo teatro. Empezará ás 20 horas o noso amigo FELIX ALBO co seu "Pueblo de los Mellados" e despois remataremos nós co Sempre ao Lonxe.

Mais o FIOT é moito máis... visita a súa páxina web para coñecer todos os espectáculos, venda de entradas etc... www.fiot.org. E por último, lembrar que Quico Cadaval estreará "Almiñas" o 12 de outubro ás 22.30h en A Barra Bar, tamén dentro do FIOT.

Web Design by nlocal