Cranios Privilexiados en Santa Comba e Padrón

martes, 30 outubro, 2018

Continúa a exitosa xira de "Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira". Esta semana, Mofa & Befa visitarán Santa Comba e Padrón.

Mofa & Befa pecharán o mes de outubro o mércores 31 no Auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba. A función comezará ás 22:00 horas e a entrada é de balde ata completar aforo.

E abrirán novembro en Padrón. O sábado 3, ás 19:30 horas, no Auditorio Municipal.

A semana seguinte, a xira de outono continuará coas seguintes funcións:

08 de novembro en Monforte de Lemos - 20:15h

11 de novembro na Pobra do Caramiñal

21 de novembro no CUVI da Universidade de Vigo - 18:00h

Web Design by nlocal