Cranios & Dragóns en A EsCEEna 2018

luns, 13 agosto, 2018

A IV Semana do teatro e das artes escénicas será en Cee do sábado 18 ao venres 24 de agosto.

Como cada verán, o agosto ceense ven cargado de teatro e cultura. Dentro do Verán Cultural 2018 chega a IV Semana do Teatro e das Artes Escénicas de Cee, “Á esCEEna”, na que os mellores grupos e obras do panorama teatral galego e nacional poden ser apreciadas polo público ceense a precios populares. Non hai que sair de Cee para disfrutar do bo teatro. ¡Que se abra o telón!

Excéntricas ten dobre participación nesta edición. A Cabeza do Dragón estará o domingo 19 de agosto e ao día seguinte, chegará a filosofía de Mofa & Befa en "Cranios Privilexiados". As funcións son no Auditorio Baldomero Cores e comezarán ás 21:30 horas.

Para coñecer prezo de entradas, abonos dispoñibles e or esto de actuacións, o mellor que podes facer é visitar o seguinte enlace.

Web Design by nlocal