Comunicado de Mofa & Befa

luns, 26 febreiro, 2018

Queridas amigas, e amigos, temos que comunicar que Evaristo Calvo deixa temporalmente Mofa & Befa debido a un proxecto profisional que vai realizar fora das nosas fronteiras e que non pode compatibilizar coa xira de "Cranios Privilexiados". Mais se James Bond sobreviviu a Sean Connery, Mofa non pode ser menos... e temos un grande sustituto que continuará coa xira que xa temos pechada, e as funcións que quedan por pechar, que afortunadamente son moitas grazas a resposta do público e programadorxs .

E agora pasamos á gran pregunta... Quen é novo Mofa? Trátase dun dos mellores actores do teatro galego, marabilloso cómico e gañador de tres premios de teatro María Casares.... o novo Mofa é.... Josito Porto!!!

Josito Porto ven a completar aos actores que no pasado foron convidados a formar parte do proxecto Mofa e Befa como Marcos Orsi ou Iván Marcos. Nesta ocasión a figura de Josito Porto pola súa traxectoria artística e vis cómica. Non foi unha imposición de Víctor Mosqueira, Befa, para ser, por primeira vez, o máis alto dos dous.

As datas da xira que xa temos confirmadas son as seguintes:

- 10 de marzo no Auditorio Municipal do Concello do Carballiño.
- 17 de marzo na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo.
- 13 de abril no Teatro Colon A Coruña
- 21 de abril na Casa da Cultura do Concello de Melide
- 22 de abril na Casa da Cultura de Bandeira
- 05 de maio no Auditorio De Rianxo
- 11 de maio no Auditorio do Burela
- 02 de agosto no Cine Auditorio Municipal Illa de Arousa
- 20 de agosto na IV Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee
- 02 de setembro no Auditorio do Concello de Salceda de Casellas
- 06 de outubro na XXXI Edición dos Circuitos Teatráis de Concello de Moaña
- 12 de outubro no Auditorio Municipal do Concello Riveira
- 26 de outubro na Casa da Cultura do Concello de Allariz
- 11 de novembro no CIie Elma da Pobra do Caramiñal
- 22 de decembro no Padroado de Cultura Concello de Narón

Graciñas polo voso apoio! E coma sempre poder seguir toda a actualidade de Mofa & Befa en www.facebook.com/mofaebefa

Web Design by nlocal