Bobas & Galegas, o último traballo de Mofa & Befa, coproducido polo Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro e finalista nos Premios Max das Artes Escénicas 2015 na categoría de Mellor Escenografía (Baltasar Patiño) retorna ós escenarios tras o grande éxitos das xiras de inverno e primavera.
Neste mes de agosto, estas serán as funcións de Bobas & Galegas:
- Luns 17 na XXXVII Mostra de Teatro de Cariño (Casa da Cultura ás 22.00 horas)
- Xoves 27 en Ciudad Rodrigo na Feria de Teatro de Castilla y León (Patio de Los Sitios ás 23.30 horas)
Xa a partir de setembro o espectáculo visitará moitas cidades máis...