Comeza a xira 2018 de Cranios Privilexiados

mércores, 10 xaneiro, 2018

O vindeiro 19 de xaneiro no Barco de Valdeorras comezará a xira 2018 de "Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira", o novo e filosófico espectáculo de Mofa & Befa.

Cranios Privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira conta coa dirección de Carlos Santiago, a dirección de Arte de Natasha Lelenco, o espazo lumínico corre a cargo de Octavio Más e os textos orixinais son obra de Pepe Sendón e mais Carlos Santiago.

Trala estrea o 11 de outubro no FITO de Ourense, comezó unha xira que percorrerá toda Galiza. Xa pasou, con grande éxito e máis de 3.000 espectadores, por Ortigueira, Vigo, Ribadeo, Pontevedra, A Estrada, Tomiño, Cangas, Arteixo e A Guarda.

E xa no 2018, as primeiras datas confirmadas son as seguintes:

- 19 de xaneiro no Barco de Valdeorras (Teatro Lauro Olmo) - 21h

- 20 de xaneiro en Muros (Casa da Cultura) - 21:30h

- do 24 ao 27 de xaneiro en Santiago de Compostela (Teatro Principal) - 20:30h - Entradas á venda en Entradas A Banca e na billeteira do Teatro Principal.

- 03 de febreiro en Vilagarcía (Auditorio Municipal) - 21h

- 10 de marzo en O Carballiño (Auditorio Municipal)

- 17 de marzo en Vimianzo (Casa da Cultura)

- 13 de abril en A Coruña (Teatro Colón)

- 05 de maio en Rianxo (Auditorio Municipal)

- 11 de maio en Burela

Dous cranios privilexiados á procura de respostas, dispostos a convencernos da validez do seu método: “No perralleirismo atoparedes a verdade”.  

 

Web Design by nlocal