Cociña, Fantasma, Turistas e Piti el Enemigo

venres, 14 decembro, 2012

Intensa axenda con 3 funcións diferentes e unha colaboración moi especial..

O venres 14, MOFA E BEFA estarán no Teatro do Andamio de A Coruña con "Cociña Económica". A entrada custa 5€ e a función comezará ás 20.30h.

PITI SANZ será un dos invitados de luxo no segundo concerto que LOS ENEMIGOS darán na Sala Capitol de Compostela, recordando algún dos temas da grabación de "Obras Escocidas" hai 12 anos. Ás 21 horas.

O día seguinte, sábado 15, O TURISTA MADRILEÑO achegarase ata a Casa da Cultura de Outes (20h).

O mesmo sábado, mais ás 23 horas, as "Fantasmas Familiares" de QUICO CADAVAL estarán no Pub O Meu de Ribadavia (23h - 7€)

Web Design by nlocal