Cociña Económica en Lira

martes, 14 xaneiro, 2020

Este sábado 18 de xaneiro é unha data que non podes esquecer pois é a noite na que Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira voltan aos escenarios co seu clásico COCIÑA ECONÓMICA, un espectáculo que superou as 500 funcións e leva máis de 20 anos en cartel.

A función será na Lonxa Vella de Lira e está organizada pola Asociación A Canle de Lira. Comezará ás 22:30 horas e as entradas custan 7€.

Web Design by nlocal