CARTOÓNS na Illa de Arousa

mércores, 8 maio, 2019

Este sábado 11 de maio, hai unha nova cita cos pallasos de CARTOÓNS, o primeiro espectáculo infantil ou familiar de Excéntricas en coprodución con Teatro de Adro

Unha divertida, didáctica e musical obra coa reciclaxe, a amizade e o cooperativismo como tema principais e moita, moita imaxinación. Víctor Mosqueira e Josito Porto son os creadores e interpretas de CARTOÓNS, ainda que tiveron a colaboración de grandes amigos como Kukas (na escenografía e no deseño gráfico), Quico Cadaval (na dirección) e Pepe Quintela (na iluminación). A idade recomendada é de 0 a 99 anos mais o espectáculo va especialmente dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.

A función deste sábado 11 de maio será no Auditorio Municipal da Illa de Arousa ás 19:00 horas. A entrada custa 5€ (3€ para o público de ata 16 anos) e abriremos á billeteira ás 17:30 horas. Non hai un plan mellor para este sábado.

Mais esta non é a única función que imos facer na Illa de Arousa co motivo do noso 15º Aniversario, pois o vindeiro 1 de xuño voltaremos ao Auditorio Municipal con Carpe Diem.

Web Design by nlocal