Cartoóns en Xinzo de Limia

xoves, 16 xullo, 2020

Este sábado 18 de xullo comeza a xira de verán de CARTOÓNS en Xinzo da Limia nunha función incluida no Ciclo Cultura no Camiño+ . A función será ao aire libre na Praza de San Roque e comezará ás 20:30 horas.

Tras Xinzo de Limia, os pallasos Hum & Ous, interpretados por Josito Porto e Víctor Mosqueira visitarán Ortigueira (31 de xullo), Foz (11 de agosto), a Mostra de Teatro de Cariño (12 de agosto), Pontevedra (17 de agosto), Festaclown en Vilagarcía (20 de agosto) e Ferrol (27 de agosto).

Web Design by nlocal