CARPE DIEM, o novo espectáculo de Excéntricas

mércores, 5 decembro, 2018

CARPE DIEM é a atrevida tentativa de converter en teatro un dos mais excitantes contos
do maior autor vivo na nosa língua: Rubem Fonseca.


A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñecense nunha previsíbel festa
de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados.Con outras persoas. Un
caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rotina dos amantes consiste en cinema de
barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente É unha aventura imaxinaria nun motel co ar
condicionado avariado. Entre a fantasia do cinema e as obrigas conxugais desenvolvese este
drama escaldante. En palco aparecerán o autor, manipulando as suas pequenas criaturas
como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con
aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debiamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban
por confluir nun crime. Por causa da moi daniña influencia do cinema. Porque do que se come,
criase.


Rubem Fonseca, o maior escritor vivo da língua portuguesa estendeu o seu talento sobre
un xénero considerado literatura de consumo: o policial. Linguaxe explicito, violencia, enigma e
cinismo son alguns dos elementos que nos excitan e nos desafian dende a obra deste Prémio
Camões
. Obras como “Buffo e Spalanzani”, “Feliz ano novo”, “Pequenas criaturas”, “A coleira
do cão”, “Bastas emoçoes pensamentos imperfeitos”
 ou “A grande arte”, deitan unha visión
distante e impiedosa sobre a condición humana. Ten sido adaptado ao cinema en moitas
ocasions e, en menor medida, ao teatro. Esta é a primeira vez que vai ser representado na
Galiza, e que nos saibamos, en Portugal.

CARPE DIEM contara en escena con Víctor Mosqueira, María Costas, Marcos Vieitez e a música en directo de Mon Orencio alias Mr. Cool. Todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval.

A grande estrea de CARPE DIEM será o 27 de febreiro no Teatro Principal de Compostela. As primeiras datas confirmadas da xira son as seguintes:

- do 27 de febreiro ao 1 de marzo en Santiago de Compostela (Teatro Principal)

- 6 de abril na Illa de Arousa

- 7 de abril no Teatro Principal de Ourense

- 9 de xuño en Sada

Web Design by nlocal