Cadaval na SELIC

mércores, 30 maio, 2018

Do 01 ao 10 de xuño celébrase en Santiago de Compostela a SELIC, a Semana do Libro de Compostela, con moitas actuacións e por suposto, moitos libros.

Quico Cadaval será un dos encargados de abrir a edición deste ano cunha contada na Praza da Quintana o 01 de xuño. A función comezará ás 21:30 horas. No caso de que o tempo acompañe a función será de cara á bancada da Praza da Quintana e se chove será dentro da carpa da Quintana. A entrada é de balde ata completar aforo.

Podes mirar toda a programación da SELIC na súa páxina web oficial, www.selic.gal

Web Design by nlocal