Cadaval en Sete Falares

luns, 4 xuño, 2018

Do 07 ao 10 de xuño celébrase en Pontevedra unha nova edición de Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias. @s protagonistas deste ano son Susana Cecilio e Sofía Maul (Portugal), Boniface Ofogo (Camerún), José Luís Gutierrez "Guti" (Zamora) e pola banda galega Pavís Pavós e Quico Cadaval. Ademáis contarán coa música en directo de Nuri.

Para coñecer toda a interesante programación do festival podes visitar a súa web: www.setefalares.eu

En canto as funcións de Quico Cadaval, a súa axenda é a seguinte:

Xoves 7 ás 20:00h na Praza da Peregrina. Entrada de balde ata completar aforo.

Venres 8 ás 22:30h nas rúinas de Santo Domingo con Susana Cecilio e Guti. Entrada de balde ata completar aforo.

Sábado 9 ás 22:00h ruta de historias dende o Teatro Principal. Imprescindible recoller convite no Teatro Principal o sábado a partir das 21:30h

Domingo 10 ás 21:00h no Teatro Principal. Encontro de todos os narradores do festival. 3€.

Web Design by nlocal