Cadaval en Caminhos da Leitura

mércores, 13 xuño, 2018

Esta semana celébrase en Pombal o XVI Encontro de Literatura Infantojuvenil "Caminhos da Leitura" cunha extensa programación e un festival de narración oral que conta no seu cartaz con Quico Cadaval, Ana Paiva, Pep Bruno, Benita Prieto, Jorge Serafim e José Mauro.

A programación pódese ver premando este enlace. En canto a actuación de Cadaval, estará o venres 15 de xuño ás 22:00 horas no Jardim da Varzéa, acompañado por Jorge Serafim e José Mauro.

Ademáis, Cadaval impartirá dous talleres, "Contar é uma conversa" os días 15 e 16 de 10:00 a 13:00 horas no Cine Teatro Pombal.

Web Design by nlocal