Bobas & Galegas, o novo de Mofa & Befa

xoves, 26 xuño, 2014

BOBAS & GALEGAS  é o novo espectáculo de Mofa & Befa en coproducción co Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro e que será o encargado de abrir o Corral de Comedias de Alamgro na edición deste ano cunha grande estrea o 4 de xullo (22.45h)

Bobas & Galegas...

Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa&Befa, foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare.

Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresan a Almagro para saciar a súa sede de vinganza. ¿Quen é a víctima?

O inocente teatro clásico español.

Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cínicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. Na cárcere adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso. Tanto lles da a redondilla como o romance, aínda que non lles fan ascos ao agridoce sabor da silva.

¿Cales son as súas armas? Dous fouces de segador que cortan por igual os trigos e os tópicos.

Poden transformarse, para lograr os seus fins, en anxos ou demos, cabaleiros ou bufóns, bobas ou galegas.

 

A grande estrea de BOBAS & GALEGAS, o novo espectáculo de Mofa & Befa será o 4 de xullo ás 22.45 horas no Corral de Comedias de Almagro.

Bobas & Galegas estará durante 4 días sendo protagonista do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.

As entradas están á venda na web do festival, premando neste enlace.

Web Design by nlocal