A Cabeza do Dragón coa música en directo do TAC

xoves, 24 maio, 2018

Por fin podemos confirmar unha das novas máis importantes da xira do Dragón. O venres 29 de xuño, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, viviremos unha noite inesquecible, especial e posiblemente única e irrepetible. "A Cabeza do Dragón" acompañada pola música en directo interpretada polo T.A.C. (Taller Atlántico Contemporáneo). 8 actores e 8 músicos sobre o escenario. Unha festa marabillosa para un dos grandes espectáculos galegos dos últimos anos. Máis de 40 funcións realizadas, máis de 15.000 espectadores e gañadora de 4 premios María Casares: Iván Marcos (Mellor Actor Protagonista), Víctor Mosqueira (Mellor Actor Secundario), Quico Cadaval (Mellor Adaptación/Tradución) e Suso Montero (Mellor Vestiario).

As entradas xa están á venda no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado de 18:00h a 21:00 horas) e na web de Entradas A Banca.

Tras Compostela, "A Cabeza do Dragón" retornará ao seu formato habitual con funcións en Cee (19 de agosto) e Vilagarcía de Arousa (29 de setembro).

Web Design by nlocal