3 María Casares para Oeste Solitario

luns, 9 abril, 2012

Evaristo Calvo (Mellor Actor Protagonista), Octavio Mas (Mellor Iluminación) e mais Avelino González (Mellor Adaptación-Tradución) foron tres dos premiados co Premio de Teatro María Casares na XV edición celebrada o pasado 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. 

Ademáis, OESTE SOLITARIO foi finalista nas seguintes categorías: Mellor Espectáculo, Mellor Actriz Secundaria (María Lado) e Mellor Música Orixinal (Piti Sanz).

Trala ceremonia dos María Casares agora toca esperar á ceremonia dos Premios Max onde OESTE SOLITARIO é finalista na categoría de Mellor Espectáculo Revelación. O ano pasado, Quico Cadaval xa gañou o Premio Max ó Mellor Autor Teatral en Galego por "Shakespeare para Ignorantes".

OESTE SOLITARIO de Martin McDonagh está protagonizada por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa, todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval.

A xira de primaveria de OESTE SOLITARIO continúa:

- 20, 21 e 22 de abril - Santiago de Compostela - Salón Teatro.

- 28 de abril - Viveiro - Teatro Pastor Díaz.

- 05 de maio - Cangas - Auditorio Municipal.

- 17 de maio - Ourense - Teatro Principal.

- 25 de maio - Bertamiráns - Casa da Cultura.

- 1 e 2 de xuño - A Coruña - Teatro Rosalía de Castro

Web Design by nlocal