Producions Teatráis EXCÉNTRICAS é una empresa que se dedica á creación de espectáculos teatrais, de productos de entretenimento e outros obxectos culturais. EXCÉNTRICAS sirve como plataforma de produción a marcas como MOFA&BEFA, o duo cómico de Evaristo Calvo e VÍctor Mosqueira, aos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e a proxectos musicais de Piti Sanz.
O PORCO DE PÉ
A Laracha
Ciclo Teatro con Salitre
Centro Sociocomunitario de Caión
21:00h
Entrada de balde ata completar aforo
O AUTO DO CASTROMIL
Vimianzo
Auditorio Municipal
20:30h
Entrada de balde ata completar aforo
Función organizada co apoio de Cultura da Deputación da Coruña
O AUTO DO CASTROMIL
Melide
Casa da Cultura
19:00h
Entrada de blade ata completar aforo
O PORCO DE PÉ
Redondela
Función matinal para centros de ensino
O AUTO DO CASTROMIL
Pontevedra
Ponteatro 2024
Teatro Principal
21:00h
O AUTO DO CASTROMIL on para de dar alegrías pois imos ter presenza nos Premios Max e nos Premios María Casares.
Dos 522 espectáculos inscritos á XXVII edicións do MAX o noso Castromil é un dos 21 elexidos en dúas categorías:
A isto temos que engadir os 5 finalistas nos María Casares:
Como ben sabedes,
O AUTO DO CASTROMIL foi o espectáculo gañador do III Certame de Proxectos Teatrais da Fundación Manuel María de Estudos Galegos. É unha coprodución co Centro Dramático Galego e conta cunha marabillosa equipa que merecen todos os nosos recoñecementos: Patricia Vázquez, Rocío González, Marcos Orsi, Víctor Mosqueira, Carlos Alonso, Piti Sanz, Marcos PTT, Octavio Mas, Mon Serodio, Kukas, Javier de la Rosa, Rubén Excéntricas, Sabela Eiriz e Sonia García. E no volante deste autobús, Quico Cadaval.
E por suposto grazas ao público que subeu ao Castromil dende a súa estrea no mes de xullo. E o que queda porque xa temos unha cantas paradas pechadas para o 2024:
- 16 de marzo en Vimianzo
- 17 de marzo en Melide
- 21 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra
- 06 de abril en As Pontes
- 13 de abril en Ponteareas
- 20 de abril en Cangas
- 26 de abril en A Laracha
- 16 de maio en Lugo
- 25 de maio en Betanzos
- 05 de outubro en Tomiño
- 12 de outubro en Oleiros
- 13 de outubro en Moaña
- 17 de outubro en A Coruña
- 18 de outubro en Carral
- 25 de outubro en Brión
Colle a O auto do Castromil... unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.
O pasado domingo, 10 de marzo, Producións Teatrais Excéntricas celebrou o seu 20º aniversario.
E imos celebralo cunha marabillosa xira de MONSTROS por toda a península ademais de continuar coas xiras de O PORCO DE PÉ, O AUTO DO CASTROMIL, PIROLÍTICOS, CARTOÓNS, TRES VELLAS NA ROMARÍA e as contadas de QUICO CADAVAL.
Haberá sorpresas de aquí ao 9 de marzo de 2025? Por suposto.
Estreas??? Pois claro. De feito, xa podemos anunciar que o 6 de marzo de 2025, nos días previos ao remate de celebración do noso 20º aniversario, estrearemos AS DESTERRADAS, a nosa grande aposta para 2025. Un texto de Carme Varela gañador do Premio Álvaro Cunqueiro e que terá na sua equipa, entre outras, a Rebeca Montero, Patricia Vázquez, Rocío González, María Roja e Víctor Mosqueira no elenco, Laura Iturralde nas luces e o espazo escénico, Piti Sanz na música ou Quico Cadaval na dirección.