3 María Casares para Oeste Solitario

3 María Casares para Oeste Solitario

Evaristo Calvo (Mellor Actor Protagonista), Octavio Mas (Mellor Iluminación) e mais Avelino González (Mellor Adaptación-Tradución) foron tres dos premiados co Premio de Teatro María Casares na XV edición celebrada o pasado 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. 

Ademáis, OESTE SOLITARIO foi finalista nas seguintes categorías: Mellor Espectáculo, Mellor Actriz Secundaria (María Lado) e Mellor Música Orixinal (Piti Sanz).

Trala ceremonia dos María Casares agora toca esperar á ceremonia dos Premios Max onde OESTE SOLITARIO é finalista na categoría de Mellor Espectáculo Revelación. O ano pasado, Quico Cadaval xa gañou o Premio Max ó Mellor Autor Teatral en Galego por "Shakespeare para Ignorantes".

OESTE SOLITARIO de Martin McDonagh está protagonizada por Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa, todos eles baixo a dirección de Quico Cadaval.

A xira de primaveria de OESTE SOLITARIO continúa:

- 05 de maio - Cangas - Auditorio Municipal. (Entradas á venda premendo no enlace)

- 17 de maio - Ourense - Teatro Principal. (Entradas á venda premendo no enlace)

- 25 de maio - Bertamiráns - Casa da Cultura.

- 1 e 2 de xuño - A Coruña - Teatro Rosalía de Castro

Máis info

SHAKESPEARE PARA IGNORANTES con música en directo

SHAKESPEARE PARA IGNORANTES con música en directo

Por primeira vez en Galicia, "Shakespeare para Ignorantes" estará ilustrado pola música en directo de Fernando Reyes, un dos mellores músicos medievais e do barroco. As melodias shakesperianas inundarán o Principal e serviran de apoio a conferencia do profesor Cadaval e da compañía de teatro clásico Mofa e Befa.

A unión de Mofa e Befa, Quico Cadaval, Fernando Reyes e mais Shakespeare tivo grande éxito en dous importantes escenarios, o Corral de Comedias de Alcalá de Henares (febreiro 2012) e Clásicos en Alcalá (xuño 2010).

As dúas únicas funcións en Galicia serán no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 30 e 31 de maio (21.00 horas). As entradas están á venda na billeteira do Teatro Principal (de martes a sábado de 18 a 21h) e na billeteira virtual de Novagalicia Banco (día 30 - día 31) e custan 10€ e 6€ no anfiteatro (+ gastos de xestión).

Unha cita inesquecible.

Máis info

Próximas Actuacións

Próximas Actuacións

17 de maio

Oeste Solitario - Ourense - Teatro Principal - 20.30h - Venda anticipada de entradas

25 de maio

Oeste Solitario - Bertamiráns - Casa da Cultura - 21h

30 e 31 de maio

Shakespeare para Ignorantes (con música en directo de Fernando Reyes. Estrea en Galicia) - Santiago de Compostela - Teatro Principal - 21h - Entradas venda anticipada día 30 - Entradas venda anticipada día 31

01 e 02 de xuño

Oeste Solitario - A Coruña - Rosalía de Castro - 20.30h - Venda anticipada de entradas

16 de xuño

Shakespeare para Ignorantes - El Escorial. Real Coliseo Carlos III - 20h

Máis info

Web Design by Domestika