Víctor Mosqueira

A súa carreira como actor comeza no teatro galego en 1978. Fórmase na Scuola internazionale dell’attore Comico con Antonio Fava e na Bont’s School of Clown con Eric de Bont especializándose en comicidade, clown e Commedia dell’Arte. Ten participado en compañías coma O Moucho Clerc, Centro Dramático Galego e Ollomoltranvia. Na actualidade o seu traballo está vencellado ao dúo cómico Mofa e Befa (Sempre ao lonxe). En cine traballou en produccións como Mía Sarah, O agasallo de Silvia ou Para que non me esquezas. Tamén conta cunha ampla experiencia televisiva, sendo os seus traballos máis coñecidos os realizados nas teleseries Un paso adelante (Antena3) e Mareas vivas (TVG) e nos programas de humor Apaga a luz e Máxima audiencia (TVG).

Web Design by nlocal