Piti Sanz

Compositor e actor, compaxina a súa participación en Mofa&Befa con “DI ELAS” grupo de rock que lidera xunto a Luís Tosar. Piti Sanz é sinónimo da mellor música audiovisual e teatral da escena galega da última década. Ademais de gañar 3 premios María Casares á mellor música orixinal por Finis Mundi Circus, Si o vello Simbad volvése as illas e Niki Ñaque e 4 premios Mestre Mateo á mellor música orixinal polas películas Entre Bateas, A Noite que deixou de chover e 18 Comidas e á mellor música orixinal dunha serie de televisión por O Nordes. Ten unha nominación ós Goya na categoría de mellor canción orixinal pola película Mataharis de Icía Bollaín e foi director musical da Tri Bus Band Xacobeo 2004, entre outras.

Web Design by nlocal