Evaristo Calvo

nicia a sua actividade como actor profesional no ano 1988. Desde entón compaxina os traballos de actor, tanto no teatro como no cine e na televisión, cos de autor e director de escena no teatro, e os de guionista de televisión.

Cofunda con outros profesionais as compañias “Ollomol Teatro Submarino”, “Ollomol Tranvia” e “Mofa e Befa”. Colabora como intérprete, entre outros, nos espectáculos; “O ano do cometa” e “O incerto señor don Hamlet...” producidos polo “Centro Dramático Galego” , “Commedia” e “O rei nú” producidos por “Ollolmol Tranvia”.

Tamén como interprete colabora co grupo “Resonet” de música antiga nos concertos; “Cantigas do Camiño” e “A viaxe a Compostela de Cosme III de Médici”.

Web Design by nlocal