PATACA MINUTA

“Pataca Minuta” é un espectáculo humorístico-musical formado por sketchs alternados por números musicais cómicos. O xénero da parodia é o predominante tanto no dramatico como no musical. As súas personaxes serán; mariachis que non saben tocar a trompeta, actores en paro, actores con moito traballo, médicos chuscos, profesores de lingüistica, chulos de piscina...


 

Trátase de facer un humor amable, aceptable para todo tipo de público, respeitoso pero sen prescindir da crítica e do caracter incisivo propio do arte da parodia. Nel sucédense as referencias ao mundo da televisión, do traballo ou da política para diversión de toda casta de xentes.

 

No escenario, tres actores e dous músicos dan vida ao bestiario humano de “Pataca Minuta”:

Federico Pérez, o “Josito” da serie da TVG, “Padre Casares”.

Evaristo Calvo, o “Sr. Gutierrez” de “Pratos Combinados”.

Marcos Correa, de “O Show dos Tonechos”, “Máxima Audiencia” ou “Air Galicia”.

Piti Sanz, creador xuntocon Luis Tosar da banda de rock "Di Elas". Asiduo en espectáculo teatráis entre os que cabe destacar os seus traballos con "Mofa e Befa" e compositor dun ben número de temas para televisión e cine.

Anxo Graña, músico multiinstrumentista e "·todo terreo" cunha traxectoria que o leva den de a música de verbena ata o teatro pasando pola música para series e programas de televisión.

Fora do escenario, o iluminador Octavio Más, cun extenso currículo en espectáculos teatráis de danza e teatro, aportará luz e cor a "Pataca Minuta".

Unha equipa sólida e experimentada en converter cada actuación nunha festa que o público lembrará por moito tempo.

Espectáculo fora de distribución

Web Design by nlocal