Os Inocentes

"Os Inocentes" nace da operación de pulido e compulsa co público, até lograr a forma definitiva do relato escénico. A técnica que leva anos traballando Quico Cadaval. Con Os Inocentes, logra un espectáculo de sorprendente coherencia, coa aparición dun retábulo da inocencia, un tríptico con tres protagonistas Manuel, Marquiños e Pastor, que fan honra a todos os alcumes, humillantes ou compasivos que se lles colocou a estas personaxes: almiñas. mansos, á boa de deus, que lles falta un fervor, que están a esperar que deus chame por eles, que non son ben donos dos seus dias,que están mais aló que acó... Personaxes que dende a sua singularidade mental, ou filosófica, ofrecen lecturas iluminadoras sobre a grande creación dos xuizosos e intelixentes: A GUERRA. Unha clarividente ollada que os inocentes deitan sobre a guerra civil. Un espectáculo de narración teatral na que o creador das historias abana entre a proximidade cotidiana co público á identificación cos protagonistas da historia. Un espectáculo épico, en todos os sentidos da palabra.

Quico Cadaval

Crítica de “Os Inocentes” co motivo da súa presentación no Festival Atlántica.

Tras uns vinte minutos de risos case ininterrompidos, Cadaval comeza a introducir as personaxes que padecendo de inocencia, sexan quizais, quen máis poden sufrir neste mundo; os inocentes na guerra. Concretamente a guerra civil española. A historia de Marquiños “o terriñas”, mete de cheo o público nas miserias do conflicto. A xente acépta ben o cambio de ton. De súpeto o contador cambia de historia e narra o peculiar suceso dun pastor do Incio que quedou a agardar a chegada dos falanxistas de Monforte, “…pois el nunca vira un falangista!”. Ó longo da contada, Cadaval deixa historias en suspenso para comezar outras; coma se plantase unha árbore da que medran ramas e destas xurdisen outras máis pequenas… para acabar volvendo ás ramas principais, ás historias iniciais. Segundo avanza a sesión o ribeirense pasa a narrar dende o persoal, e conta as historias da taberna da súa nai e mailas do grupo de amigos do seu pai. Isto dalle a oportunidade de reivindicar a figura do ‘parvo’ en todo grupo de amigos… ou nacións. betfair site down E salta brevemente a unha historia da antiga Grecia. Con todo será entre os amigos do seu pai onde se agocha o gran protagonista final da súa contada; Manolo “o chabolista”. De novo o público vese mergullado no surrealismo da guerra civil, ata dar cos presos da Illa de San Simón. A xente ri a cachón e parecen confirmar que é compatible facer humor e denuncia histórica ó mesmo tempo.

Marcos Estebo

Web Design by nlocal