OESTE SOLITARIO

   Unha casa afastada nas terras esquecidas do oeste de Irlanda. Ao pe da casa unha lagoa de augas escuras. Aló abaixo, a aldea; a carón da ría de Lennane.

   Nesa casa viven os protagonistas do Oeste Solitario; Valene e Coleman, os irmáns Connor. Despois de enterrar ao pai, cociñan lentamente o rancor, a intolerancia e o odio. A historia semella que só pode acabar dunha maneira: con un dos dous cranios, ou os dous, rebentados polo tiro dun cartucho do 12.

   Gileen, a rapariga que lles vende o alcohol ilegal; e o padre Welsh, patético parroco fracasado, interveñen na historia, provocando, involuntariamente, un xiro inesperado.

   OESTE SOLITARIO é unha obra de Martin McDonagh, autor tamén de UN CRANIO FURADO que EXCÉNTRICAS apresentou na tempada pasada, e que mereceu o aplauso do público e cinco premios Maria Casares. Con “Oeste Solitario”, Martin McDonagh fechou a súa Triloxía de Lennane.

   Excéntricas conta de novo coa versión galega do premiado traductor Avelino González; Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira interpretan ao fraterno duo protagonista e as estrelas convidadas María Lado e Marcos Correa a Girleen e ao padre Welsh. Quico Cadaval regresa ao teatro irlandés depois da súa parentese alemá coa “Ópera dos tres reas” de Brecht e Weill para o CDG. A equipa artistica complétase co escenario de Kukas, o deseño sonoro de Piti Sanz, a iluminación de Octavio Más e o deseño gráfico do artista Pancho Lapeña. Un grupo de elite ao mando do productor Rubén G. Pedrero.

Espectáculo fora de distribución

Web Design by nlocal