Fantasmas Familiares

Quico Cadaval, leva desenvolvendo desde os anos noventa un tipo de espectáculo unipersonal a meio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaret literario.

O espectáculo, sempre impreciso nos seus límites temáticos e estilísticos, apresentou-se xa en festivais tan importantes como o Iberoamericano de Teatro de Bogotá, Festival de Teatro de Almada, Maraton de los cuentos de Guadalajara, Mindelact do Mindelo, Festival da Liberdade de Faro e tal.

Na sua forma actual, Fantasmas Familiares, aproveita a referencia do espectro das historias tradicionais, para explorar outras zonas espectrais da nosa conciencia, nosa memoria e a nosa percepción.

Como saempre aparecerán tiranos, piratas, funcionarios, putas, taberneiras, cregos, valentes, estudantes, chavoleiros, filósofos, cans, vacas e outros fantasmas. Ou non.

Web Design by nlocal