Cociña Económica

MOFA & BEFA poñen os seus mandís, arremánganse e métense na cociña a facer o que eles mellor saben, que non é nin fritir un ovo nin preparar unha caldeirada de bertorella, nin tan siquera pelar patacas. Cociñan as risas que lle arrincan ao público, que asiste enganado, ás veces mesmo obrigado (todos temos compromisos ineludibles) á representación.

Dous xeitos de cociñar diferentes: o da cociña económica, onde non se aforra nada e onde se practica a liberalidade absoluta cos ingredientes e o da cociña KaKofónica onde postos a aforrar, aforran ata nas vocais das palabras coas que explican a receita.

¡Non molesten ao autor! Está creando para todos. E algún día MOFA & BEFA farán estrea mundial desas novas contribucións á gastronomía universal. Para acompañar o lacón con grelos, o caldo, e a empanada de zamburiñas, Galiza, sempre boa e xenerosa, non para de ofrecer novos pratos que enriquezan o triste panorama que o monopolio gabacho coas súas natas tiña establecido sobre os restaurantes de 5 garfos.

Espectáculo fora de distribución

Web Design by nlocal