Cadaval conta... Vacas, Guerras, Porcos e Cregos

Quico Cadaval desenvolve dende os anos 90 do pasado século unha actividade como contador
de historia e sucedidos. Este tipo de espectáculos, considerados a forma mais diminuta de teatro,
son unha das mais poderosas chamadas á imaxinación do público, que ten que construir co narrador as imaxes da historia.Na actualidade a narración escénica ten un amplo circuito internacional ao que son convocados, con frecuencia representantes da arte de contar contos na Galiza. Desde fóra ven unha identidade estilistica ou un estilo nacional que nos singulariza no xénero da palabra viva.

Nos últimos anos Quico Cadaval, está transformando os seus repertorios en espectáculos de teatro, do teatro da palabra. No 2018 xirou “OS INOCENTES”, unha colección de historias
acontecidas na guerra nosa do 36, protagonizadas por tres inocentes, que descubrian, dende as suas
mentes brancas, o absurdo mecanismo co que as mentes intelixentes provocan a guerra e a
desolación. Unha coidada luz e unha vontade nitidamente teatral aumentaban a maxia da evocación por medio da palabra.

Neste 2019, e seguindo o mesmo estilo de OS INOCENTES, baixo o epigrafe QUICO CADAVAL CONTA... P.T. Excéntricas presenta VACAS, GUERRAS, PORCOS E CREGOS Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, que era un home bo coa familia, pacífico e bo viciño, amigo de facer favores. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos. Son coprotagonistas da historia vacas, curas, mentireiros, sementais, barbeiros , porcos,artistas de cine e militares. Aparecerá o parto dunha vaca, a historia da prohibición da aguillada, o uso do xabrón como silenciador, o brutal acto inseminativo, un militar pasando ferias, as nenas vaqueiras, un crego que domina a Lüger e a retórica, un barbeiro profético, fenómenos extraños na noite de vodas, entre todas as personaxes desta fábula coral, destaca O Ghacheiro, un performer fedello, enredante e pícaro, que fai confluir, para asombro da veciñanza, unha das suas farsas co desembarque de Normandía, o seis de xuño de 1944. O teatro
das operacións é a parroquia de Carreira 42º23'33”, xusto enfrente de Boston-Masachusetts.
VACAS, GUERRAS, PORCOS E CREGOS é o primeiro dos espectáculos de Excéntricas a
estrear en 2019 co motivo do seu 15º Aniversario (2004 – 2019). Foi estreado o 8 de xaneiro no
Festival Poéticas Contemporáneas de Madrid

Web Design by nlocal