Bobas & Galegas (Mofa & Befa no século d'ouro)

Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa&Befa, foron detidos en 2013 en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare.

Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresan para saciar a súa sede de vinganza.

¿Quen é a víctima? O inocente teatro clásico español. Tras Almagro, a vinganza exténdese por todos os escenarios da península.

\n

Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cínicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. Na cárcere adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso. Tanto lles da a redondilla como o romance, aínda que non lles fan ascos ao agridoce sabor da silva.

¿Cales son as súas armas? Dous fouces de segador que cortan por igual os trigos e os tópicos. Poden transformarse, para lograr os seus fins, en anxos ou demos, cabaleiros ou bufóns, estofados ou quixotes.

Espectáculo Finalista nos XVIII Premios Max das Artes Escénicas na categoría de Mellor Escenografía (Baltasar Patiño). Ademáis de ser Candidato nas seguintes categorías: Mellor Espectáculo, Mellor Dirección de Escena (Quico Cadaval), Mellor Actor Protagonista (Evaristo Calvo) e Mellor Autor Teatral (Quico Cadaval).

 

FICHA TÉCNICA Y ARTÍSTICA

Elenco Artístico: Mofa & Befa (Evaristo Calvo y Víctor Mosqueira)

Espacio Escénico e Iluminación: Baltasar Patiño

Maestro de Verso: Jesús Aladrén

Dirección Musical: Fernando Reyes

Diseño de vestuario: Cloti Vaello

Fotografía y Diseño Gráfico: Marcelino de Santiago, “Kukas”

Jefe Técnico: Octavio Mas

Producción: Rubén G. Pedrero

Dramaturgia y Dirección: Quico Cadaval

Fecha y lugar de Estreno: 4 de julio de 2014 – Corral de Comedias de Almagro

Espectáculo fora de distribución

Web Design by nlocal